Wednesday 08 de May de 2024

Executadas actuacións no exterior do CEP Salustiano Rey Eiras


O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría da Educación, da cal é titular a edil Genoveva
Hermo (Nós Pobra), emprendeu varias accións no exterior do CEP Salustiano Rey Eiras. A actuación principal consistiu na formación dunha soleira na entrada do campo coa preparación do terreo e a compactación, na colocación dos bordos para a xardineira, nas instalacións da tubaxe de drenaxe para a
evacuación de auga da área, na dotación dunha malla intermedia, na formigonaxe e o acabado rugoso. A dita obra foi executada por Construcciones Fariña y Lobeiras, S.L. por un importe de 6246 euros, IVE incluído.
Así mesmo, efectuouse o cambio da canalización do desaugadoiro dende a pista deportiva ata o exterior do recinto do centro educativo. Concretamente, instaurouse a tubaxe de PVC (serie B), coa subministración dunha escavadora para a apertura e a tapadura da gabia, ademais do establecemento de tres arquetas de plástico. O investimento ascendeu a 1761’76 euros, IVE incluído, e a intervención realizouna Elektro Batalla.